Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

Segundo ouro galego de Leyre Villamediana en seis días

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

A deportista do JCP-Squash Vilagarcía suma ao título cadete o júnior en menos de 63 quilogramos

14 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A iudoca arousá do JCP-Squash Vilagarcía Leyre Villamediana sumou ao seu título galego cadete da semana anterior o ouro no mesmo peso na categoría júnior de menos 63 quilogramos. No pavillón municipal da Xunqueira, en Fene, Leyre Villamediana gañou os seus catro combates; a final, inmobilizando a representante do Judo Club Compostela. O seu compañeiro de equipo David Fernández, pola contra, só foi quen de gañar o seu primeiro combate na cita de Fene.