Os Ingleses asegura praza na fase polo título fronte ao Ferrol: 31-7

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Unha gran defensa e a superioridade nas súas melés e en todas as touchs consolidaron a cómoda vitoria vilagarciá

17 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Ingleses volveu demostrar o pasado sábado que o Nadal lle sentou de marabilla ao equipo. De novo sobre o céspede do campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa, os de David Lema resolveron o seu segundo compromiso de Liga do novo ano con vitoria. Desta volta, cun 31-7 sobre un C.R. Ferrol lonxe das súas temibles versións doutros anos.

Cunha gran defensa e cunha dianteira dominante, coa que gañaba con claridade as súas melés e todas as touch, o cadro vilagarcián foise ao descanso 17-0, e só lle permitiu ao seu rival ensaiar xa fóra de tempo e cun 31-0 no marcador.