O músico que toca na ponte Romana de Ourense

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

VILAGARCÍA DE AROUSA

Miguel Villar

Os ourensáns poden escoitar a Gonzalo Arca actuando en distintos rincóns da cidade

16 nov 2022 . Actualizado a las 01:08 h.

O músico Gonzalo Arca naceu en Vilagarcía de Arousa en 1983 pero fai xa case dous meses que vive en Ourense. Di que é unha nova etapa na que está desfrutando da provincia é tamén do público da cidade, pois dende que chegou non para de saír á rúa acompañado da súa guitarra para tocar en diferentes recunchos que lle inspiran. É moi sinxelo atoparse con Gonzalo cantando na contorna da ponte Romana ou da rúa do Paseo. «También me suelo poner en las terrazas del parque de San Lázaro», explica. A súa traxectoria comezou co grupo Vado Permanente cando só tiña 17 anos. Dende entón pasou por bandas coma The preachers of rock and roll ou Sugar Mountain e no 2012 decidiu apostar pola súa carreira en solitario. «En la pandemia me compré un amplificador con batería y empecé a tocar en la calle para matar el gusanillo. Me gustó tanto que ahora lo compagino con los conciertos que doy cada fin de semana», admite o músico arousán. A súa música é fundamentalmente rock americano con toques blues, country, folk e un pouco de pop. Compón ás súas propias letras, en galego, castelán e inglés, e tamén fai versións dalgúns dos temas que máis lle gustan.

Agora Gonzalo está inmerso nun novo proxecto artístico, o grupo Lola, que conta con que verá a luz no próximo 2023. «Es una banda en la que cada músico somos de una parte de Galicia. El batería es el de Heredeiros da Crus. Tenemos una bajista de Santiago y un guitarrista de Portonovo», explica. «A día de hoy tengo la suerte de poder vivir de la música», admite. Como se consegue? «Supongo que buscándose mucho la vida. Intento tener, cómo mínimo, ocho conciertos al mes, también trabajo por privado, me contratan para cumpleaños o eventos», concreta. Para saber onde toca cada fin de semana o mellor é seguilo nas súas redes sociais.