O Kenpo Vilagarcía volve probar a súa condición de mellor club do estado

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

Os deportistas do cadro arousán cólganse 20 medallas na Copa de España Tradicional

27 jun 2022 . Actualizado a las 21:22 h.

«Los resultados vuelven a destacar que sigue siendo el mejor club de España en la modalidad». Deste xeito valoraba o adestrador e alma mater do Kenpo Vilagarcía, Mario Hermo, a actuación dos seus once pupilos desprazados a pasada fin de semana á localidade manchega de Alovera para disputar a Copa de España de Kenpo Tradicional. Unha cita da que volveron con dúas decenas de medallas ao pescozo, case a metade delas, nove, traducidas en cadanseu título.

Estes foron os resultados do conxunto da capital arousá, deportista a deportista: Irene Castro Núñez, ouro en defensa persoal sub-21+sénior mixto, prata en kata e en kobudo sénior feminino. Pedro Muñoz Fole, ouro en kata e prata en kobudo sénior masculino. Ricardo Ramos Suárez, ouro en kobudo sénior masculino e en defensa persoal sub-21+sénior mixto e bronce en kata sénior masculino. Ricardo Lages Crespo, prata en kata e bronce en kobudo sénior masculino. Sócrates Agudo Torrado, ouro en kata e en kobudo sub-21 masculino. Sergio Alba Vázquez, ouro en kata júnior masculino e en defensa persoal cadete+júnior mixto. Juan Rodríguez Alcalde, ouro en defensa persoal cadete+júnior mixto, prata en kata e bronce en kobudo júnior masculino. Candela Panadero Dios, bronce en kata júnior feminino. Martín Pintos Gutiérrez, prata en defensa persoal xuvenil+cadete mixto. E Damián Murga Loroño, prata en defensa persoal xuvenil+cadete mixto.