O arousán Adrián Montáns gaña o título absoluto do Masterchess Centro Comercial Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A cita congregou a 196 xadrecistas na gran superficie vilagarciá

15 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha festa do xadrez. Niso se converteu onte o Masterchess Centro Comercial Arousa disputado na gran superficie da Vilagarcía e que serviu de apertura do Circuíto Galego de Promoción 2022. A cita rozou os 200 participantes, 196 para ser precisos, cifra só acadada polas probas con máis tirón do Circuíto, que soen congregar a entre 120 e 150 xadrecistas.

Adrián Montáns, do anfitrión Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, fíxose co trofeo de gañador da categoría absoluta, con 6,5 dos 7 puntos posibles e empatado con Xabier Pérez, do Mos; Miguel Palacios, do E.X. Pontevedra, foi terceiro con 6 puntos.

Tamén no cadro absoluto, pero na subcategoría sub-16, a vitoria foi para Luca Rey (C.X. Fontecarmoa), para David Cernadas (Marquiño) na sub-18, para Antonio Susavila (Padrón) na veterana e para Marta Rodríguez (C.X. Fontecarmoa) na feminina.

No Circuíto, Javier Lema (Padrón) foi o gañador sub-8, David Álvarez (Lucena) o sub-10, Hugo Souto (Mos) o sub-12 e Yago Fernández (Marquiño) o sub-14.