
O club monta unha carpa na Praza de Galicia para o reparto de dúas invitacións ao derradeiro partido de Liga entre cada socio
11 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa instalou onte no corazón de Vilagarcía, a Praza de Galicia, unha carpa para facilitarlles a todos os seus socios dúas invitacións coas que axudar a encher as gradas da Lomba este domingo no crucial último partido da Liga, fronte ao Bergantiños. A carpa permanecerá no mesmo punto toda a semana con dito fin.