El club arlequinado recibe la medalla de oro de Vilagarcía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Pleno extraordinario para realizar el reconocimiento a la entidad vilagarciana

01 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Un día antes de afrontar uno de los partidos más importantes de su historia, el Arousa recibió la más alta distinción del Concello de Vilagarcía por sus 75 años de historia y por todo lo que ha hecho por la ciudad. Sucedió en un pleno extraordinario celebrado ayer en el salón noble del Concello y al que acudieron, además de toda la corporación, los exalcaldes de Vilagarcía y exdirectivos, seguidores y aficionados del conjunto arlequinado, que abarrotaron la estancia.

Intervención del alcalde Alberto Varela

Sr. Presidente do Arosa, Sociedade Cultural; directivos, ex directivos, ex alcaldes, compañeiros de Corporación, arosistas todos:

 «Los deportes de foot-ball y sus derivados, tal y como aquí se practican, no son populares, y creemos que no podrán serlo por carecer de tradición. Son una importación extranjera admitida por las clases aristocrática y media, que no conocen nuestro deportismo tradicional, tan variado, tan higiénico y tan bello por añadidura. A su práctica se ha unido, además, un elemento que le perjudica enormemente, y es el de la lucha de partido y apuesta, que frecuentemente hace degenerar a este juego en motivo de colisión, a veces sangrienta. Contra el foot-ball, además, se han pronunciado recientemente muchos pedagogos ingleses, por considerarlo excesivamente violento y propicio a la dureza y a la brutalidad». 

Isto era o que, placidamente sentado a unha das mesas do Café de Poyán, podía ler no Galicia Nueva un vilagarcián calquera, hai xusto cen anos... 

Sen embargo, dáme a min que nin o xornalista andaba moi atinado, nin os pedagogos ingleses tiveron o mellor día. Daquela xa había moitos anos que os vilagarciáns quedaran engaiolados con aquel xogo que, para escándalo da poboación, practicaban os fillos da Gran Bretaña ¡en calzóns! cando desembarcaban no noso porto. Dende aquela, moitos vilagarciáns se animaran a facer “teams” ao xeito inglés, cuxos “equipiers” ?ou sexa, os xogadores- pertencían, na súa meirande parte, a coñecidas familias da cidade. 

Dende entón, referee ?o árbitro-, corner, match, off side ?aquí reconvertido en órsai- e tantas outras palabras de inequívoco sabor british, pasaron a formar parte do noso acervo lingüístico e cultural. Definitivamente, a semente estaba botada, por moito que os pedagogos dixeran que por ese camiño non íamos ben, e por moito que nos xornais houbera queixas continuas porque nas rúas se celebraban matchs nos que os rapaces lle daban patadas a uns trapos enrolados en forma de pelota, sen ningún miramento para as persoas de ben que desfrutaban do seu benquerido paseo de moda. 

Daquela, hai 100 anos, o principal equipo da cidade era o Villagarcía Sporting Club, sucesor, entre outros, do Alfonso XIII co que José María Abalo Souza iniciara, en 1901, a andaina futbolística do noso concello. Un vilagarcián, Abalo ?Jose María, non Manolo-, formado en Inglaterra, que, ademais de crear o primeiro equipo en Vilagarcía, tamén tivo tempo, na Coruña, de poñer as bases do que sería o futuro Real Club Deportivo. 

Despois dalgúns anos de asentamento, con clubs de afeccionados organizados ata por barrios, e pasada unha Guerra Civil, chegamos ao verán de 1945. Por entón, Hitler acababa de suicidarse (alá el coa súa conciencia)... Estados Unidos lanzaba as súas bombas atómicas en Hiroshima e Nagasaki... En España, Franco ditaba o Foro dos Españois, no que recoñecía -con aquela chispa que tanto lle caracterizaba- que a soberanía nacional residía no pobo... E en Vilagarcía, o Tribunal Supremo acababa de ordenar a devolución a Vilanova das parroquias da Illa, András e Baión, que dez anos antes se uniran ao noso concello... Polo demais, todo ben. 

O caso é que, neste apetecible contexto, os Porto, Callón, Gallego, Quintela, Lapido e aquel fantástico grupo de vilagarciáns que tanto desfrutaban do foot-ball, pensaron: ¡esta é a nosa, todo vai como un tiro!... e decidiron fundar o Arosa, Sociedade Cultural. 

A partir dese momento, o club converteuse nun referente deportivo, pero tamén social da cidade. Hoxe, o deporte en Vilagarcía non se pode entender sen todo o que aportaron durante décadas sociedades como o Arosa, o Liceo Marítimo ou o Club de Mar. Dos tres, na actualidade -e dende o punto de vista estritamente deportivo- só sobrevive un: o Arosa. Algo farían ben: xa cumpriu 75 anos... ¡e os que lle quedan! 

Dende entón, non houbo un so alcalde, dende Gil Siqueiros, no ano 45 do século XX, ata quen vos fala, no ano 22 do século XXI, que non tivera a súa lideira coa Lomba, ben pola herba, ben pola rega, ben polo que fóra... Xiabre e Lobeira, testemuñas de excepción...   E téñase en conta que, en 75 anos, en Vilagarcía houbo unha ducia de alcaldes e unha alcaldesa, pero máis de 25 presidentes do club -de Manolo Porto a Manolo Abalo-, e arredor de trescentos directivos... Só os que tivemos a honra de ocupar este posto sabemos o que iso significa... 

Pero o que si son innegables son os méritos que ao longo de 75 anos vén acumulando o Arosa, o noso Arosa. Detrás do club, das horas e horas dedicadas con altruísmo por directivos, adestradores, delegados, masaxistas e tantos e tantos colaboradores, estivo a irmandade con Matosinhos, a formación de centos e centos de rapaces e rapazas, a realización de torneos internacionais, o levar o nome de Vilagarcía e de Arousa por España adiante... Pero estivo tamén detrás da atracción de talento: moita xente que, unha vez aquí, respondendo á chamada do club, se sentiu como un máis da casa, ata establecer aquí os seus negocios, a súa familia... en definitiva, a súa vida. 

Ao longo destes anos -sabémolo todos- o Arosa participou en Segunda División, en Segunda B e, sobre todo, na Terceira, na que é o club decano da categoría. En todo ese tempo, houbo momentos moi felices e outros non tanto, como o que agora mesmo estamos a vivir: coa ledicia de volver á Segunda División, coa incerteza de si conseguiremos manternos... Pero é que o deporte, como a vida ?e máis en Galicia-, é así: ás veces subimos, ás veces baixamos, ás veces mantémonos. Depende. 

Os rusos, que ultimamente andan ?digamos- un pouco alborotados, teñen un proverbio que, penso, vén moi ao caso: «Caer está permitido. Levantarse é obrigatorio». Os galegos, menos poéticos pero quizais máis pragmáticos, diríamos que «nunca choveu que non escampara». 

Por iso, sirva esta medalla de ouro, a máxima distinción da nosa cidade, como recoñecemento a todo o que o Arosa e os arosistas levades feito por esta cidade, que é moito... pero tamén como estímulo para todo o que vos queda por facer, que é moito máis... Empezando por mañá. 

Estou seguro de que o Arosa aínda ten moitas alegrías que darnos. E aí estaremos nós, con vós, para brindar polo club, por Vilagarcía, e ata -se se poñen ao regho- polos pedagogos ingleses. 

Moitas grazas.

Intervención del presidente del Arusa, Manolo Abalo

Bos días alcalde, membros e membras da corporación municipal, ex alcaldes, ex presidentes, principais patrocinadores do clube, socio número un, representante das peñas e membros da Real Federación Galega de Fútbol.

Hoxe é un dos días máis importantes da historia do Arosa SC dende que se fundou no ano 1945. A concesión desta Medalla de Ouro da cidade é un recoñecemento a moitas persoas de Vilagarcía que durante moitos anos traballaron e loitaron de forma altruísta por representar da mellor maneira posible á cidade a través do deporte máis popular do mundo: o fútbol.

A casualidade fai que sexa eu o que teña o privilexio de estar aquí falando neste momento tan importante, pero con anterioridade xa houbo outros 21 presidentes do Arosa -algúns deles aquí presentes- aos que lle correspondería tamén este dereito, ao igual que aos centos de directivos e directivas que dedicaron tempo, esforzo e, nalgúns casos tamén cartos, polo seu cariño e implicación co noso clube. Todos eles escribiron a nosa historia. Xeracións de vilagarciáns de diferentes épocas, con ideas políticas, gustos e formas de pensar distintas, pero que tiñan e teñen un nexo común gracias ao Arosa.

Durante estes 75 anos foron milleiros os xogadores que vestiron a camisola arlequinada, tanto no primeiro equipo como na nosa canteira dende que naceu o equipo xuvenil no ano 1958. Na actualidade contamos con 16 equipos de base e unha escola de fútbol. En total, 300 deportistas. Un proxecto comprometido co labor social de formar en valores a través do deporte e tamén xerar un sentimento de identidade co clube ao que representan.

Eles son a razón de ser do clube xunto coa afección. Temos a sorte de contar cunha masa social grande. Xigante. Sempre están ao lado do clube ao marxe das rachas deportivas, que no fútbol son cíclicas. Socios e socias que levan toda a súa vida facendo arosismo, facendo clube, como José López, o noso número un. Ao igual que os peñistas que nesta temporada están a facer da Lomba o mellor campo da categoría en ambiente, como din os propios adestradores que nos visitan. E ademais viaxan acompañando ao equipo e levando o nome de Vilagarcía por Galicia e por España adiante.

Aínda hai outra parte indispensable en todo o que é o Arosa. Son os patrocinadores. Toda a xente que apoiou durante décadas e apoia na actualidade en maior ou menor medida; que contribúe e axuda para ter o mellor fútbol posible na vila. Hoxe están aquí representados Impex Europa e Atlantic Oil Star, que son os dous máis importantes do ámbito privado dunha longa lista na que valoramos e agradecemos absolutamente todas as axudas.

Directivos, xogadores, afeccionados, patrocinadores...todos xuntos constrúen a historia do Arosa SC, que é tamén a historia da cidade. Por iso neste recoñemento hai moitísima xente que ten que sentirse hoxe partícipe. Tamén queremos facer extensivo este recoñecemento, e compartilo, con todos os clubs de Vilagarcía das diferentes modalides deportivas, cos que coincidimos en obxectivos, soños e ilusións.

Dende o clube só podemos dar as grazas ao alcalde, Don Alberto Varela, e a toda a corporación municipal por esta distinción que recibimos con inmensa gratitude e tamén con responsabilade. Non hai maior satisfacción que te valoren e respecten na túa propia casa, neste caso na túa vila. O Arosa foi, é e será sempre historia viva de Vilagarcía e dos vilagarciáns.

Moitas grazas.