Festivala, mulleres en pleno proceso de creación

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

O programa deseñado por O Soño de Lilith continúa a se desenvolver en Vilagarcía

19 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Organizado por o colectivo feminista O Soño de Lilith, Vilagarcía acolle esta fin de semana Festivala Mulleres Creando, un certame no que a música mesturase co cine, a arte e os obradoiros prácticos. Onte actuaron na praza da Segunda República La Mare e María Ruiz, Tonga e High Paw. Hoxe farano Aldaolado e Broken Peach, a partir das 12 horas, no mesmo escenario. Na praza de Galicia continúa a exposición As mulleres [que] contan. E durante a semana que vén haberá dous obradoiros de introdución á fotografía para o empoderamento e de se expresar en público.