Os alumnos do obradoiro forestal proban a última tecnoloxía que usa o sector

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

cedida

Asistiron a unha clase práctica no CIFP A Granxa

15 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O obradoiro de emprego Labora Xove 2020 entra na súa última etapa formativa cun intenso programa de prácticas. Os oito xóvenes que participan no módulo de Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal desprazáronse a Ponteareas xunto cos seus profesores para participar nunha clase práctica impartida por docentes do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, no que puideron utilizar as últimas tecnoloxías dispoñibles para practicar dun xeito completamente seguro, mediante un simulador, as labores de apeo de árbores.

Tras as explicacións teóricas sobre as técnicas de apeo e procesado de árbores con colleitadora forestal e as correspondentes instrucións de uso do simulador os alumnos pasaron a realizar a práctica virtual de forma individual. En total son 16 os mozos e mozas os que participan na actual edición do Labora Xove, oito na especialidade de Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal e outros oito na de Socorrismo en espazos acuáticos e goberno de embarcacións de salvamento.