A campaña «Son da casa!» terá unha nova edición no Nadal

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O Concello de Vilagarcía emitirá 37.550 euros para subvencionar os 3.750 packs de bonos

11 sep 2021 . Actualizado a las 14:18 h.

A campaña de bonos-compra «Son da Casa!» terá unha nova edición de cara ao Nadal. Ante os beneficios que esta iniciativa ten na economía local, a Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía traballa xa na preparación da campaña que está previsto lanzar no mes de novembro co obxectivo de dinamizar a temporada de vendas do Nadal, a máis forte do ano tanto para o comercio como para a hostalaría. Como nas tres edicións anteriores, o Concello investirá 37.550 euros para subvencionar os 3.750 packs de bonos que se emitirán ao prezo de 20 euros e que permitirán facer compras por importe de 30.

Esta será a cuarta edición dos bonos «Son da Casa!» que pon en circulación o Concello. A reedición desta iniciativa pensada para contribuír á recuperación da economía local tras os peches motivados pola pandemia «conta co aval dos excelentes resultados que tiveron as tres campañas anteriores que, sumadas, xeraron un volume de negocio entre o sector comercial, de pequenos servizos e da hostalaría, por importe superior aos 600.000 euros», segundo informan desde Ravella. A esta medida hai que engadir outras accións complementarias postas en marcha polo Concello para facilitar a recuperación dos sectores máis afectados, como as axudas directas ao comercio e á hostalaría, así como outras iniciativas de efecto dinamizador como o Mercado de Nadal, os xardíns efímeros, o EspaVila! ou o Vilagarcía Cidade de Libro, eventos todos que buscan crear ambiente nas rúas, atraer xente á vila e animar a que consuman en Vilagarcía, engade o goberno de Alberto Varela.

No que á cuarta campaña dos bonos «Son da Casa!» se refire, dende a Concellería de Promoción Económica invitan aos comerciantes e hostaleiros que aínda non se teñan adherido á campaña a que se sumen á mesma para poder beneficiarse das vendas que os consumidores fan cons bonos subvencionados.

Para inscribirse, simplemente teñen que dirixirse á concellería través do teléfono 986 099 200 extensión 218 e 219, ou escribir un correo ao enderezo tle@vilagarcia.gal. Na campaña de primavera verán contábase xa con algo máis de 200 negocios participantes pertencentes a unha ampla gama de ramas comerciais.

centes a unha ampla gama de ramas comerciais.