A Escola de Idiomas de Vilagarcía está lista para seducir a novo alumnado

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

Do 1 ao 14 de setembro fará unha fase de pre inscrición

24 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

«O mundo estase abrindo... E ti estás preparada?». Ese é o lema da campaña coa que a EOI de Vilagarcía tenta captar alumnado para o vindeiro curso. No mes de setembro ábrese o prazo de matrícula, un proceso que se desenvolverá en fases que están detalladas na páxina web do centro. Previamente, do 1 ao 14 de setembro, haberá unha fase de pre inscrición. Como novidade este curso figura que o departamento de inglés oferta o curso B2.1 tamén en modalidade semipresencial, no que a metade da docencia será en clases semanais de dúas horas e o resto na aula virtual.