Tres modelos gañadores de educación en igualade

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Os colexios de Vilaxoán, Rubiáns e A Lomba gañan o concurso do Concello de Vilagarcía

20 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía entrega mañá os Premios de Igualdade de Xénero: Boas prácticas na Escola, que desta volta recaeron nos proxectos presentados polos colexios de Rubiáns e da Lomba e pola comunidade educativa de Vilaxoán. Oito boas prácticas concorreron este ano ao certame que ten coma obxectivo promover a educación en igualdade entre nenos e nenas e máis á erradicación da violencia de xénero dentro do ámbito educativo do municipio. Cada un dos gañadores recibirá un cheque de 500 euros e un diploma acreditativo. 

vilaxoán

«Mulleres referentes das nosas vidas». A través dun proxecto de deseño de bandas, con traballo coa escola de nais e pais, a radio escolar e a pizarra das emocións, desenvolvéronse xogos de rol e outras actividades como contacontos, concursos entre o alumnado de superheroínas, e traballos sobre mulleres científicas e mulleres cercanas a nós...

rubiáns

«Activistas en acción». Tendo como obxectivo a visibilización e a posta en valor da participación das mulleres como pezas fundamentais no desenvolvemento da sociedade, organizáronse charlas e talleres de libros feministas e obradoiro girlsgonna, da Fundación española para a ciencia e a tecnoloxía, entre outras actividades. 

a lomba

«A muller da túa vida». O centro traballou de maneira transversal a través de diferentes materias e actividades fixas do curso, coma o entroido, e con proxectos como muller e ciencia, o día da diversidade funcional, o día do libro, día internacional contra a violencia machista.