Batería de alegacións ao proxecto de dragado do canal de entrada ao Porto de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

La ría de Arousa, el mar más productivo de Europa
La ría de Arousa, el mar más productivo de Europa Martina Miser

A plataforma, confrarías e concellos como o da Illa rexeitan a posibilidade de verquidos en Sálvora

19 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, confrarías, e concellos como o da Illa veñen de presentar unha batería de alegacións ao proxecto de dragado do canal de entrada ao Porto de Vilagarcía. Malia recoñecer «a necesidade da obra para garantir o bo funcionamento e dar servizo ao conxunto da sociedade», fan unha serie de consideracións. Apuntan, en primeiro lugar, que «os materiais máis finos e normalmente máis contaminante deben ser estabilizados en terra e non verquidos no mar». Consideran importante, tamén, acentuar as medidas de prevención da contaminación dado que se está a producir una menor renovación das augas da ría polo debilitamento dos ventos do nordés, e dada, tamén, a debilidade dalgunhas especies marisqueiras. Piden que se consensúe co sector as datas nas que se realizarán os traballos e a instalación de cortinas anti-turbidez. Por último, rexeitan a posibilidade de verquidos dos residuos en Sálvora.