A tenista de Vilagarcía Jéssica Bouzas sitúase entre as 20 mellores raquetas españolas do circuíto WTA

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A arousá debuta hoxe no W25 Madrid tres días despois do seu triunfo na final do W15 Heraklion en Creta

16 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A tenista vilagarciá Jéssica Bouzas Maneiro estreou a semana non só co eco ben forte inda do seu terceiro triunfo na súa cuarta final individual nun torneo W15 do circuíto ITF Tennis este ano. Pendente de que a Women's Tennis Association recolla o vindeiro luns os 9 puntos colectados pola galega polo seu título no Heraklion de Creta -a WTA está a actualizar o seu ránking cunha semana de retraso desde a irrupción da pandemia de covid-19-; a cuestión é que os 64 puntos que figuran oficialmente neste momento no casilleiro de Jéssica colócana por primeira vez entre as 20 mellores raquetas femininas españolas.

Número 579 -o vindeiro luns escalará ao posto 549 segundo informa o portal especializado live-tennis.eu-, a xogadora arousá valoraba a súa actuación en Creta e o seu novo salto cualitativo antes de iniciar, hoxe, o W25 Madrid: «Estuve muy cómoda toda la semana», sinala. «Han sido partidos muy buenos. Al principio me costó un poco adaptarme al clima y a las pistas del torneo. Pero al final estuve cómoda y eso me hizo llevarme el torneo».

Sobre a súa presenza por vez primeira no Top 20 español, Maneiro di que «todo suma. Pero esto es mucho más largo. A pesar de que estoy en mi mejor ránking siempre quiero intentar ir a más. Y eso solo se consigue trabajando. Y estamos en ello». Sobre todo, consciente de que o circuíto profesional se endureceu desde a aparición da pandemia, con moito torneo cancelado e, polo tanto, máis competencia na pelexa por menos puntos en competición para subir no ránking WTA: «Los torneos están muy duros con el tema covid-19 y no nos podemos relajar».

Tres días despois da súa vitoria nas instalacións do Lyttos Beach Hotel de Creta 6-3/6-0 sobre a mexicana María José Portillo, Jéssica Bouzas Maneiro debuta hoxe no W25 Madrid, na primeira rolda do cadro principal. Faino diante da cabeza de serie número 8 do torneo. A tenista brasileira Laura Pigossi, número 318 do ránking WTA e con dous títulos este ano, no W15 Villena e no W25 Pune da India.