A Lomba xa conta coa súa segadora helicoidal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

09 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os anos de rogos do Arousa comezan a materializarse nun xiro copernicano por parte da Fundación de Deportes de Vilagarcía no tocante ao mantemento dos seus campos de herba natural, A Lomba e o do estadio de atletismo. Onte a Fundación recepcionou a segadora helicoidal adquirida á empresa especializada Deltacinco Línea Verde S.L. de Burgos. Operarios da mesma fixéronlle unha demostración práctica do seu uso aos traballadores da firma concesionaria do mantemento dos dous campos municipais de herba natural, que pasan a contar á fin cunha máquina específica para o corte de céspede deportivo.