Música e flores para Xela Arias

Bea Costa
B. C. VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Arousa celebrou o Día das Letras Galegas co lastre da pandemia

17 may 2021 . Actualizado a las 20:55 h.

Sen a profusión de actos doutros anos, pero Arousa non quedou se festexar as Letras Galegas. Sen a profusión de actos doutros anos, pero Arousa non quedou se festexar as Letras Galegas. En Vilagarcía soou o pasacalles de Malveiras e a praza da Liberdade acolleu un concerto de Loli Crespo e Alejo Amoedo Portela. No Gato Negro inaugurouse a exposición «Sueños» de Ramón Bascual, que se suma á mostra sobre Xela Arias que se pode visitar na biblioteca municipal de Rey Daviña. E tampouco faltou a ofrenda floral a Rosalía de Castro. En Cambados, pese ás restricións pola pandemia, a escultura de Cabanillas non quedou sen flores e o paseo da Calzada encheuse de murais feitos nos colexios; pola súa banda, Paradanda Mecos levou a música ás rúas do Grove.

As redes sociais convertéronse, outra vez, no refuxio onde facer a festa que a pandemia impide levar aos auditorios e pola tarde celebrouse un festival que retransmitiron varios concellos en streaming no que actuaron o grupo Onte e Hoxe, recitáronse poesías e glosouse a figura de Xela Arias. Foron uns dos moitos actos que se sucederon en toda Galicia na memoria da artista viguesa, da que se seguirá falando nos vindeiros días. Por exemplo o día 20 no Grove, onde a agrupación local Xarope Tulú levará ata a biblioteca municipal o espectáculo De ti e mailo mundo que apañes, dirixido a público adulto. Esta montaxe (10 horas) fai un percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias, combinando a narración oral con outras linguaxes escénicas. Ademais, os concellos puxeron en marcha varios concursos de poesía nestes días.