O Kenpo Vilagarcía coróase mellor equipo de España

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Con só nove deportistas desprazados a Alovera, Guadalaxara, celebrou dúas ducias de medallas

14 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Nin un ano en branco nin o feito de ter que acudir cunha expedición inusualmente curta, de tan só nove deportistas, en ambos os dous casos por culpa da pandemia de covid-19. O Kenpo Vilagarcía de Mario Hermo pechou a pasada fin de semana na localidade de Alovera, Guadalaxara, o Campeonato de España de Kenpo de Clubs como o mellor do estado. Un éxito froito das dúas ducias de medallas dos seus pupilos, dez de ouro, seis de prata e oito de bronce.

Proclamáronse campións de España, en categoría sénior, Pedro Muñoz (en semicontinuo e semikenpo), Ricardo Ramos (kobudo) e Ricardo Lages (kata); en sub 21, Pablo García (kata e kobudo); e en cadete, Sergio Alba (kobudo e semikenpo), Juan Rodríguez (kata) e os dous en parella en defensa persoal.