Juan Bao, elixido secretario xeral da unión comarcal de CC. OO. en Arousa

Serxio González Souto
s. gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

O novo responsable xa desenvolvía os labores de coordinación dentro da agrupación

13 abr 2021 . Actualizado a las 10:28 h.

Dentro da estrutura de Comisións Obreiras (CC. OO.) en Galicia, a unión comarcal de Arousa sempre destacou polo seu carácter firme e reivindicativo, mesmo a costa de padecer reveses e decisións non de todo comprensibles no seo da súa propia organización. Logo dun tempo no que unha xestora se fixo cargo do seu temón, a entidade comarcal coller folgos anovados onte, co celebración do seu congreso e a elección dunha nova comisión directiva. Á fronte dela sitúase Juan Bao Hernández, que xa desenvolvía os labores de coordinación dentro da agrupación.

Bao encabezou a única candidatura, que obtivo o respaldo dos seus compañeiros nun acto desenvolvido no auditorio de Vilagarcía, ao que asistiu o secretario xeral de Comisións en Galicia, Ramón Sarmiento, e o propio alcalde da capital arousá, o socialista Alberto Varela, en calidade de convidado. A nova dirección complétase con María Estrella Martínez Varela, Fernando Ríos Rodríguez, Adela López Gómez, Benito Diz Piñeiro e Ana María Ortigueira García. Na mesma sesión, a unión comarcal escolleu a Leticia Romanos Mondragón, Esther Elisa Barral Cabezas e Juan Bao coma os tres delegados que a a representarán no 12.º congreso nacional de CC. OO. en Galicia.