«Feminissimas» pecha os actos do 8M en Vilagarcía

B.C. VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Bea Costa

Crítica e humor subíronse ao escenario do auditorio

28 mar 2021 . Actualizado a las 13:31 h.

O Concello de Vilagarcía pechou a programación do 8M coa posta en escena da obra de teatro «Feminissimas», dirixida por Xavier Castiñeira e protagonizada por Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco e Stephy Llayora: unha visión chea de ironía, crítica, reivindicación e humor sobre a realidade das mulleres no noso país que acadou un forte aplauso do público A función desenvolveuse con límite de aforo e demais medidas de seguridade do covid-19.