A biblioteca de Vilagarcía volverá abrir os sábados pola mañá dende esta semana

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O horario do servizo será de 9 a 14 horas

19 ene 2021 . Actualizado a las 22:03 h.

A biblioteca de Vilagarcía recuperará esta mesma semana o horario dos sábados, polo que estudantes e lectores en xeral poderán acudir ás instalacións ese día en horario matinal, entre as 9 e as 14 horas. As normas serán as mesmas que rexen o resto dos días da semana, con aforo reducido a 40 persoas e seguindo o protocolo que establece as distancias de seguridade, desinfección de mans, limpeza das instalacións, ventilación e mesmo de corentena para os exemplares usados e devoltos no servizo de préstamo.

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe volver a establecer a partir do 23 de xaneiro o horario habitual antes do inicio da pandemia, a efectos de dar aos usuarios do centro unha maior franxa horaria e posibilidade de uso das instalacións.