Premios aos colexios de Vilaxoán, A Lomba e Rubiáns

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A área de igualdade entregou os seus galardóns aos mellores proxectos escolares a prol dunha igualdade real

07 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía entregou onte os chegues de 500 euros cos que recoñece os mellores proxectos escolares do municipio destinados a promocionar e a educar en igualdade os nenos e nenas, e procurar a erradicación da violencia de xénero. Na súa decimocuarta edición, premiáronse os traballos realizados no CEIP A Lomba, polo CEIP Vilaxoán e a ANPA San Martiño e o CEIP Pluriligüe Rubiáns.

Baixo o título «Muller tiñas que ser», o CEIP A Lomba buscou concienciar o seu alumnado e familias na convivencia cotiá coa igualdade de xénero, fomentando o respecto e visibilizando o papel da muller.

Con «Iguais na diferenza» o CEIP Vilaxoán e a ANPA San Martiño desenvolveron prácticas educativas para identificar e descartar estereotipos machistas e sexistas, e favorecer a igualdade de oportunidades entre os dous sexos.

Pola súa banda, a través de «Mulleres de película», o colexio de Rubiáns subliñou a participación feminina na historia do cinema.