Martín Rey, prata no Campionato Galego de Contrarreloxio Individual Júnior

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

O ciclista vilagarcián do C.C. Padronés-Aluminios Cortizo rematou a 6 segundos de Gianni Iannelli, o equipo Il Piccolo

14 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclista vilagarcián do C.C. Padronés-Aluminios Cortizo Martín Rey Vázquez fíxose o luns co subcampionato galego de contrarreloxio individual júnior. Fíxoo cubrindo os 13 quilómetros do percorrido na localidade ourensá de Baños de Molgas nun tempo de 18 minutos, 56 segundos e 929 milésimas, 6 segundos máis cos empregados polo novo campión autonómico, Gianni Iannelli Álvarez, do equipo Il Piccolo. O outro corredor arousán do C.C. Padronés-Aluminios Cortizo, Ismael Rodríguez, rematou cuarto, en 19.20,626, lonxe dun podio que pechou Raúl Casalderrey, do Farto-Aguas do Paraño en 18.59,051.

Deste xeito, Martín Rey segue a confirmar o seu notable 2020, no que pese á escaseza de probas puido correr cedido a Vuelta al Besaya, a carreira española máis prestixiosa da categoría, disputar o Campionato de España coa selección galega acompañado de Ismael Rodríguez, e cruzar primeiro con este da man a meta do Campionato de Aragón Júnior.

Preguntado onte por ambos corredores, Veloso comentou que «falamos de chavais que son xuvenís, que gañaron algunha carreira e teñen moito percorrido. Agora son dos mellores júniores a nivel nacional. Pero terán que consolidalo como Sub-23».