«Unha banda sen ensaios no funciona, recuperar a sonoridade vai custar anos de traballo»


vilagarcía / la voz

Jesús Nogueira leva máis de tres décadas vinculado ás bandas de música e nunca se vira en semellante tesitura. Hoxe dirixe as agrupacións municipais de Vilagarcía e Vilanova e leva meses sen poder coller a batuta.

-Que supón musicalmente este parón?

-É nefasto, esta situación non se sostén. Aínda que o músico toque na casa, pérdese o equilibrio sonoro con outros instrumentos. Unha banda sen ensaios non funciona, recuperar a sonoridade vai custar anos de traballo. Un dos meus medos como director é non saber cantos músicos vou atopar cando volvan os ensaios; van ter que pasar anos para completar todos os instrumentos en cada sección, especialmente tubas, bombardinos, fagot e oboe.

-Tan mala é situación?

-Se non hai contacto entre os músicos, a canteira pérdese; moita xente estaba aguantando co aliciente dos concertos, que agora non hai.

-Cales son as expectativas?

-En Vilagarcía, ao non poder actuar ao aire libre, a saber cando imos poder volver a tocar. No auditorio non cabemos a non ser que reduzamos o número de compoñentes, pero iso é desfacela. Facer música de cámara sería botar á xente fora. As bandas son un núcleo onde se fomenta a cultura musical e se socializa, se lle pos portas deixan de ser unha necesidade social.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Unha banda sen ensaios no funciona, recuperar a sonoridade vai custar anos de traballo»