A directiva dá por perdida a perla da canteira, Raúl Martiñán, con ofertas de filiais de Primeira

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

ADRIAN BAULDE

Huesca e Valladolid serían os equipos máis adiantados á hora de facerse cos servizos do mediapunta, polo que tamén está interesado o Deportivo da Coruña

08 ago 2020 . Actualizado a las 21:10 h.

O balance deportivo da tempada que vén de finalizar correu a cargo do vicepresidente deportivo do Arousa. Rodrigo Lojo foi contundente: «Ha sido excepcional».

Lojo tamén procedeu a expoñer as pretensións do Arousa a vindeira tempada, sempre que esta se poida disputar, cos directivos reiterando ao longo da asemblea as súas serias dúbidas. «Todos, absolutamente todos los que estamos aquí trabajamos por el objetivo de ascender a Segunda B».

Un reto para o que o Arousa, explicou o seu vicepresidente deportivo, non contará coa perla da canteira arlequinada. E é que «está muy cerca y es muy probable la salida de Raúl Martiñán del Arousa [...] En menos de 15 días recibió seis ofertas de filiales de Primera División y alguna otra de Segunda B». Dépor, pero sobre todo Huesca e Valladolid son os que terían máis camiño avanzado.