Rafa Sáez asina un ano máis co Arousa

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O técnico pontevedrés  cumprirá a súa terceira tempada á fronte do vestiario da Lomba

24 jul 2020 . Actualizado a las 12:37 h.

Adiantárao na véspera o vicepresidente deportivo da entidade, Rodrigo Lojo, e esta mañá, ás 11.52 horas, a directiva do Arousa facíao oficial. O presidente do club, Manolo Abalo, e Rafa Sáez pecharon a renovación do adestrador pontevedrés no vestiario da Lomba. Unha entente que se daba por feita. Tanto polo rendemento do equipo arlequinado esta tempada, recompensado co seu regreso á promoción de ascenso á Segunda División B 27 anos despois, como polas palabras do mandatario e do preparador o pasado luns, cando inda non transcorreran sequera 24 horas desde a eliminación do Arousa da fase de ascenso exprés á mans do Ourense C.F. cun 2-1 que ben puido ter sido un 1-2.