León Benavente, primeira parada do Atlantic Fest en Vilagarcía

Rosa Estévez
R. Estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

Un dos grupos ascendentes do indie español desembarcará no auditorio o 29 de xullo

25 jul 2020 . Actualizado a las 18:34 h.

O Atlantic Fest ía celebrarse este verán na praia da Concha. Tanto a organización como o Concello de Vilagarcía anunciaran, emocionados, a elección da capital arousana para unha nova etapa «dun dos festivais máis fermosos e espectaculares» dos moitos que hai en Galicia, en palabras do concelleiro Álvaro Carou. A mestura de música, natureza e amigos son os elementos que, ben mesturados, converten este encontro nunha esperiencia inolvidable. Pero o desembarco do Atlantic, tal e como o coñecemos, en Vilagarcía, vai ter que esperar. O covid-19 arrasou con festas, eventos, programas de música... O virus, e a necesidade de protexernos del, convertiu o verán nun deserto cultural. Un territorio inhóspito no que, non embargantes, se empeñan en agromar algúns eventos que son recibidos polo público cos brazos abertos. Un deses eventos será o Atlantic Butaca, un novo formato, que permitirá gozar no auditorio de Vilagarcía da música de León Benavente. Será o concerto o día 29 de xullo,ñás 21.30 horas. E será, como non podería ser doutro xeito, un evento blindado contra os contaxios.

«El Atlantic Butaca es un formato que ha llegado para quedarse. Iremos programando más eventos, aquí y en otras ciudades, e incorporaremos esta fórmula a otras, como los Atlantic Days y el Atlantic Emprende Gaiás», explica Susana Laya. Para a estrea dese formato, escolleuse Vilagarcía porque «teníamos muchas ganas» de reconquistar a cidade. E escolleuse, tamén, «una banda que está en ascenso, uno de los grupos más importantes del indie español», en palabras de Toño Caneda. Tanto é así que «enche alá onde vai», según afirma o concelleiro Álvaro Carou. No caso de Vilagarcía, e polas restriccións de aforo evidentes, só catrocentas persoas poderán gozar do concerto. A maior parte dos tiques xa están vendidos.

Quen teña o seu pase, deberá estar atento, ademais, ao protocolo de seguridade que se ten deseñado para o que será o primeiro grande concerto que se celebre na vila nesta nova normalidade. O público deberá ser moi puntual, porque deberá entrar e saír de forma escalonada. A mascarilla e o xel hidroalcólico serán obrigatorios.

Ten que ser así. «Para poder volver a la vieja normalidad, hay que ser estrictos en el cumplimiento de las normas», asegura Susana Laya. O esforzo é preciso para que, o vindeiro ano, o Atlantic Fest poida volver ser o que todos coñecemos. E para que volva selo, ademais, en Vilagarcía.