Anuncian o cartel e o trío arbitral da semifinal do Arousa

Gustavo Vidal Fonseca será o colexiado principal do duelo do día 19 co Ourense C.F.


vilagarcía / la voz

A Real Federación Galega de Fútbol vén de poñer de maneira simbólica a funcionar a conta atrás para a fase de ascenso exprés á Segunda División B que disputarán en Balaídos os catro primeiros equipos do Grupo 1 da Terceira División. Con dúas publicacións.

Por un lado, a dos dous carteis anunciadores das semifinais entre o Compostela e o CD Barco, o sábado 18 do presente mes, e o Ourense C.F. e Arousa, un día despois. Carteis cunha estética de corte electrónico, quizais inspirados nestes tempos de fútbol sen público e relación social a distancia.

A outra novidade da que vén de informar a RFGF foi a identidade dos integrantes dos tres tríos arbitrais que velarán por impartir xustiza sobre o céspede de Balaídos durante os 270 minutos que decidirán o nome do novo equipo galego na Segunda División B, designados polo Comité Técnico de Árbitros da Federación Galega. 

Gustavo Vidal Fonseca será o árbitro principal do encontro do Arousa, con Pablo Bustabad Gomes e Álvaro Gil Soriano de asistentes e Gabriel Quintairos Rial coma cuarto árbitro. O día anterior Jesús López Fernández dirixirá o Compos-Barco, mentres que Alexandre López Vila será o árbitro principal da final do sábado 25, con Rubén Reborido Rodríguez de asistente -o outro está inda por fixar- e Sergio Miguéns Santiago de cuarto árbitro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Anuncian o cartel e o trío arbitral da semifinal do Arousa