Os xogadores do Arousa sorrín xuntos 87 días despois pensando en Balaídos

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Futbolistas e corpo técnico iniciaron en dúas quendas a súa primeira sesión de traballo en tres meses coa tranquilidade duns test serolóxicos negativos

08 jun 2020 . Actualizado a las 22:26 h.

«Solo vernos, y vestidos de corto, ya es una alegría. Estamos contentos por volvernos a ver, por tocar de nuevo un balón y pisar el césped otra vez. Se veía a la gente contenta y motivada». Suso Martínez resumía a media tarde do luns o sentir xeralizado dos futbolistas e dos integrantes do corpo técnico do Arousa co inicio dunha nova semana que abre unha etapa de ilusión. Unha trintena de compañeiros de equipo que mantiveron en todo momento o contacto desde o decreto do estado da alarma na noite do 14 de marzo a través das telecomunicacións. Pero iso, din todos eles, non é o mesmo que poderse ver as caras en persoa. Participando 87 días despois, no campo do estadio de atletismo de Vilagarcía, no seu primeiro adestramento conxunto, inda repartidos en dúas quendas e cos innumerables atrancos que o protocolo de seguridade hixiénico-sanitario do Ministerio de Sanidade dictamina para os equipos non profesionais.

Comezando por un test serolóxico para a detección de covid-19 iniciado ás 4 da tarde, co paso un por un pola sala médica do contiguo campo Manuel Jiménez, felizmente completado co resultado negativo de todos cantos tiveron que facelo para poder formar parte do cadro de persoal co que o Arousa disputará a súa primeira fase de ascenso á Segunda B en 27 anos.

«Era la sensación como de empezar la pretemporada en un equipo en el que apenas había variaciones», sinala o vilagarcián Julio Rey, para quen «lo más raro posiblemente fuese el protocolo del entrenamiento», se ben entende que «al final te irás acostumbrando».

Un protocolo que debulla Suso: «Estuvimos con mascarilla hasta entrar en el campo, y para hacerlo tuvimos que desinfectar las botas. Fue un entrenamiento muy raro, con cada uno haciendo ejercicio individual, tocando su balón, cambios de ritmo, algo de core, movilidad articular... con el compañero a 3 ó 4 metros». Unha tónica que se manterá a lo menos nesta primeira semana de reinicio, nas sesións de traballo do mércores e do venres, coa recuperación do contacto necesario nos adestramentos prevéndose para a vindeira semana.

En espera dese novo paso adiante, os integrantes do Arousa tiñan outro gran motivo ben fresco para a alegría máis aló do seu reencontro. A confirmación pola Federación Galega de Fútbol de Balaídos como escenario dos tres partidos da fase de ascenso a Segunda B. «Espectacular. Es un plus de motivación», comenta Suso. «O escenario perfecto para dar a sorpresa. ¿Por que non soñar ao grande? A ver se podemos adestrar polo menos un día, para tomar as medidas», sinala Dieste. «Estamos encantados. Ojalá se permita que vaya público, y la afición del Arousa, que estuvo toda la temporada apoyándonos, pueda estar ahí», di Julio Rey. Unha inxección de adrenalina xeralizada entre as filas arlequinadas fronte á que semella inmunizado o veterán Adrián Gómez: «Me hubiera gustado mucho más jugar en A Lomba en play-off normal con toda la afición, se viviría mucho más».

A recuperación de Joel completa as boas novas do día

Á falta da chegada de Pedro Beda de regreso de Brasil, prevista para o día 17, a única dúbida manexada no primeiro adestramento do Arousa desde o 13 de marzo era o estado do xeonllo dereito de Joel Sanabria, o outro punta do equipo, lesionado pouco antes do parón obrigado polo covid-19.

Ao termo do primeiro adestramento, sinala Rafa Sáez, «le pregunté a Joel, y me dijo que no había tenido ningún tipo de molestia. Se estuvo tratando con un fisioterapeuta en Barcelona, y se trae el trabajo que le pautó para seguir haciéndolo aquí».

Rafa Sáez: «Lo único en lo que me he fijado es en la sonrisa que traían mis jugadores»

Os saúdos cos cóbados e as expresións de felicidade eran as imaxes que máis se repetían nas instalacións do estadio de atletismo de Vilagarcía. Unha felicidade da que participou o adestrador do Arousa, Rafa Sáez, que recordará o 8 de xuño do 2020 como «un día señalado, un día importante tras tanto tiempo. Un día de alegría, de satisfacción, de volver a encontrarnos, de volver a disfrutar del fútbol, aún siendo extraño». Polo test serolóxico, e por todas as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias impostas desde o goberno central para o reinicio do traballo grupal entre os equipos non profesionais.

Preguntámoslle a Rafa Sáez como ve o estado no que regresan os seus pupilos, e contesta con que «lo único en lo que me he fijado ha sido en la sonrisa que traían».

Sobre a confirmación de Balaídos como escenario da fase de ascenso, o adestrador arlequinado cualifica a noticia de «extraordinaria», salientando o labor da Federación Galega e dándolle as grazas ao Celta e ao Concello de Vigo.