O Cortegada aguántalle media parte ao Ibaizabal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O cadro vilagarcián xogou sen Andrea na reaparición de Antía e de Lorena

09 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

 Por primeira vez desde que a maioría da afección recorda, non está feito o Cortegada para pensar seriamente non xa en gañarlle un partido a un aspirante a disputar a fase de ascenso á Liga Femenina, senón sequera en chegar vivo ao momento da verdade. Conseguir isto último, e meterlle o medo no corpo a un rival que viña de caerse dos catro primeiros postos tras tres derrotas consecutivas, era o plan de partido co que o técnico arousán, Rubén Domínguez, aspiraba a poder soñar cun golpe de efecto onte na cancha vasca do GDKO Ibaizabal. O 88-63 final reflicte a realidade das cousas. Máis cando o Cortegada non puido dispoñer do concurso de Andrea.

Si voltaron xogar Antía Varela, tras dous meses longos k.o. por unha lesión, e Lorena Castro, que ao termo da pretempada abandonaba temporalmente o equipo para marchar fóra de España nunha estadía académica. Ningunha das dúas está por desgraza en disposición de darlle ao equipo o que este curso non puido fichar por falta de orzamento: veteranía e bos números.

Un parcial de saída de 9-0 servíulle ao GDKO Ibaizabal para marcar territorio. Pero como vén sendo habitual esta tempada, o Cortegada foi quen de estar a lo menos á altura das esixencias da Liga Feminina 2 durante a primeira metade do encontro. Cun parcial de 2-14 entre o final do primeiro cuarto e o inicio do segundo, apretou o encontro (28-22), facendo crer ao descanso que había partido: 48-42.

Nada máis lonxe da realidade. Nos sete primeiros minutos da reanudación un solitario tiro libre transformado por Lukovic foi a única produción ofensiva do Cortegada ante un rival vasco que anotaba 19 puntos no mesmo tempo (67-43), escribíndolle un precoz final á historia.

FICHA DO PARTIDO:

GDKO IBAIZABAL (88):  Peyton Ferris (12), Virginia Saez (4), Laura Arroyo (14), Alicia Villegas (16) y Krista Miscenko (10) -quinteto titular-; Paule Portilla (2), Ana Iruskieta (4), Maiane Aizpurua, Koskimies (11) e Diouf (15)

A.D. CORTEGADA (63): Patricia Vicente (11), Míriam García, Cris Loureiro (13), María Centeno (6) y Lukovic (9) -quinteto titular-; Chorén (8), Lorena (2), Zeltia Presas (10), Antía (2), Irene (2) e Nerea

Parciais (e marcador) cada cuarto: 28-17, 20-25 (48-42 ao descanso); 23-10 (71-52) e 17-11 (88-63).

Árbitros e persoais: Imanol Diz e Manuel Berbeira. Sinaláronlles 16 faltas ao GDKO Ibaizabal e ao Cortegada.