Catú é a primeira fichaxe de inverno do Arousa

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

O experimentado central santiagués chega á Lomba cedido polo Racing de Ferrol ata final de tempada

29 ene 2020 . Actualizado a las 17:59 h.

Era un dos dous obxectos de desexo do adestrador e director deportivo do Arousa, Rafa Sáez, e hoxe, a primeira hora da tarde, o Racing de Ferrol facía realidade o anhelo do técnico pontevedrés de pasar a dispoñer dos servizos do defensa santiagués Sergio González Quintáns. Catú convértese así na primeira fichaxe arlequinada do mercado de inverno, no que a cúpula do club vilagarcián pretende elevar as opcións de éxito do seu plan de asalto a un dos postos na vindeira fase de ascenso á Segunda B.

Catú chega en calidade de cedido ata a finalización da presente tempada, tras a que volverá á disciplina dun Racing de Ferrol co que a comezos do presente curso ampliaba a un terceiro ano o seu contrato inicial de dous de duración. A intención das dúas partes, xogador e o club da cidade departamental, é que Catú atope o lugar idóneo para volver ser o futbolista que era antes da grave lesión de xeonllo que sufría a finais de marzo do ano pasado no partido co Porriño da Liga de Terceira División na Campo da Malata. Operado da rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda, en novembro recibía a alta médica. Practicamente desde ese mesmo momento comezaba adestrarse co grupo de xogadores do equipo de Segunda B, no que esta tempada non tivo ficha mentres se decidía cal era a mellor opción presente de cara a recuperar o futbolista.

Catú recoñece que «me falta ritmo de competición, porque al final, eso entrenando no se gana», e di que se muda a Vilagarcía «con muchas ganas ya de poder participar en un partido; entrenarme sin poder competir el fin de semana se me hacía difícil».

Dada a súa calidade, o novo defensa arlequinado tivo sobre a mesa «bastantes ofertas». Formado no Compostela, equipo no que vivíu as súas dúas primeiras tempadas como futbolista sénior cun ascenso á Segunda B na primeira e competindo na categoría de bronce do balompé español na segunda, Catú proseguíu a súa carreira no Zamora e —seis meses— no filial do Celta sen deixar a Segunda B, para completar a campaña 2011/12 no Real Oviedo B de Terceira. De volta ao Compostela, evolucionou outros catro anos no vestiario de San Lázaro, conseguindo un novo ascenso desde a Terceira, e competindo outros dous anos na división de bronce, na que continuou mudándose ao Boiro, un curso, e acto seguido ao Caudal, outro máis. De aí ao Racing de Ferrol, ao que axudou na conquista do título do grupo galego da Terceira ata a súa lesión.

Con esta tarxeta de visita, ¿que o levou a decidirse polo Arousa, e non por calquera outra das varias propostas que manexou? Catú conta que «a finales de diciembre se pusieron en contacto conmigo del Arousa. Allí tengo excompañeros, Manu Rodríguez —no Compos e no Boiro—y Pedro Beda —Boiro—. Y el entrenador —Rafa Sáez— se preocupó por mí. Son detalles que marcan». Confirmada xa a súa incorporación ao Arousa, Catú declara que «vengo con toda la ilusión del mundo, para poder competir y aspirar a lo máximo posible: Jugar el play-off, y si se puede ascender, mejor».

Preguntado por que lle pode ofrecer Catú ao seu novo equipo, o santiagués preséntase como «un central —destro— contundente, que va bien al corte, y rápido». Condicións que, de precisalo o equipo, pode desenvolver tamén, quizais menos depuradas na execución, no lateral dereito.