Aínda quedan prazas libres para ir nas carrozas reais

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O prazo para anotarse rematará o día 13 de decembro

04 dic 2019 . Actualizado a las 20:52 h.

A concellería de Cultura informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para que nenos e nenas poidan participar como paxes na Cabalgata de Reis a bordo das carrozas do séquito das Súas Maxestades. O prazo de presentación de solicitudes abriuse o pasado venres, 29 de novembro e, a día de hoxe, aínda non se cubriron as 60 prazas ofertadas. A Concellería informa de que aínda existen vacantes para que a xente non desista de formalizar as súas inscricións. O único requisito que deberán cumprir os rapaces e rapazas que desen acompañan aos Reis nas súas carrozas ter cumpridos os 7 anos e non superar os 16 e levar as vestimentas de paxe acordes coa temática da Cabalgata. O prazo remata o día 13.