Un ouro e oito podios do Olimpic no Ciudad de Pontevedra

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Sara Fernández e Marcos Mera foron campións por parellas júnior en freestyle

06 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Olimpic de Vilagarcía competíu a pasada fin de semana na vixésimo segunda edición do Campionato Internacional Ciudad de Pontevedra. E os resultados dos seus pupilos deixaron fracamente satisfeito o director técnico do equipo vilagarcián, Miguel Ángel Cuevas, que onte salientaba «el gran nivel ofrecido por nuestros deportistas, arrancando la temporada con muy buen pie». Unha afirmación que Cuevas sustenta nos oito podios asinados polos seus taekuondistas.

Entre eles salienta o título colleitado por Sara Fernández Canosa e por Marcos Mera Barcala en parellas júnior freestyle. Un ha modalidade esta última na que Sara Fernández se colgou ademais o bronce na categoría individual feminina.

Na modalidade de combate, o Olimpic gozou da prata de Dafne Piñeiro Ballesteros en -34 quilogramos infantil feminino, e dos bronces de Inés Pérez Suárez e de Xiana Bugallo Ballesteros en precadete feminino en -30 e -37 quilos, respectivamente.

En técnica, Iara Gutiérrez Vidal, Cristina Pintos Rey e Nerea Suárez López foron subcampioas en trío júnior feminino, e Rodrigo López Aragunde bronce individual xuvenil masculino.

E na modalidade de exhibición, o equipo infantil do Olimpic fíxose coa prata, da man de Ariadna e Miguel Cuevas, Sara Fernández Millán, Pablo Barreiro, Xiana Bugallo, Dafne Piñeiro, Inés Suárez, Alba e Laura Lago.