O campamento de Nadal de Vilagarcía disporá de 50 prazas

O prazo de inscrición abrirase o luns que vén e permanecerá aberto ata o día 28


Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro • O Concello de Vilagarcía aprobou as bases que rexerán o campamento de Nadal, dentro dos programas lúdicos, educativos e de conciliación familiar. A actividade disporá de cincuenta prazas para nenos de tres a sete anos de idade. O prazo de inscrición abrirase o luns que vén e permanecerá aberto ata o día 28. O campamento desenvolverase no colexio da Lomba coincidindo co período de vacacións escolares. Isto é, entre os días 23 e 31 de decembro, así coma o 2 e o 3 de xaneiro. Sempre en horario de mañá, entre as 9 e as 14 horas. Os únicos requisitos que deben cumprir os nenos é ter nado entre o 1 de xaneiro do 2012 e o 31 de decembro do 2016. Se o número de solicitudes supera o de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante un sorteo público.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O campamento de Nadal de Vilagarcía disporá de 50 prazas