Adxudicada a obra para a eliminación da curva de A Torre

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZVILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Os traballos serán acometidos por Construcciones Abilleira

30 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Un total de 22 empresas presentaron ofertas para facerse co proxecto de ampliación do acceso á Torre coa eliminación da curva da Golpelleira. A máis ventaxosa para o Concello foi a formulada por Construcciones Abilleira, cunha rebaixa no prezo de licitación de 20.911 euros, o que deixa o montante final en 92.455 euros. O financiamento farase con cargo aos fondos do Plan Concellos da Deputación.

A obra que se vai a levar a cabo é unha das máis esperadas polos veciños da Torre, que demandaban dende hai anos unha solución para este conflitivo punto da rede viaria, pois supoñía un risco tanto para a circulación rodada -ao formarse un pescozo de botella nunha curva sen visibilidade-, coma para os peóns, xa que nas actuais condicións teñen que camiñar por unha vía moi estreita e que carece de beirarrúas e de arcéns.

O proxecto a executar consiste na apertura da curva e ensanche do vial. Para o primeiro demolerase a vella vivenda situada sobre a curva, adquirida polo Concello por 10.000 euros, e para o segundo retranquearase o muro que delimita unha das marxes da calzada, grazas aos terreos conseguidos de balde polo Concello tras as xestións realizadas cos propietarios. O muro a retranquear axustarase á aliñación prevista no PXOM.

La concejalía de Obras e Servizos de Vilagarcía está llevando a cabo varias actuaciones de los servicios básicos municipales en varios puntos de la localidad. En estos momentos, los operarios municipales trabajan en la Rúa As Pías, «renovando a canalización da recollida de augas pluviais nun tramo duns corenta metros». La semana pasada estuvieron trabajando en la calle Vilar Ponte, subsanando la rotura de una tubería de saneamiento que hacía aflorar aguas residuales. En breve volverán allí para arreglar un tramo de la vía hundido. También actuarán en la calle San Roque, donde el saneamiento también da problemas.