Unha xornada para reflexionar, botar unhas risas e xogar

O programa pecha no Liceo Casino este venres cun faladoiro e o espectáculo «Nabiza Girl»


A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pecha este venres 25 de outubro o programa «As mulleres na creación cultural» cunha serie de actos que se desenvolverán a partir das 19 horas no salón de actos do Liceo-Casino e que terán como aperitivo os pasacalles da fanfarria feminina Brassica Rapa. O programa da xornada ábrese cun faladoiro no que mulleres do mundo da creación cultural analizarán a situación das profesionais femininas neste sector. A continuación, a actriz galega Isabel Risco protagonizará o espectáculo «Nabiza Girl» e, por último, a asociación Arousa Moza sumarase á xornada cunha edición especial do seu «Concurso de Concursos».

A creación cultural é un campo tradicionalmente dominado polos homes e de difícil penetración por parte das mulleres que conseguen acceder a el de forma profesional. «Para tratar de que isto vaia cambiando, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organizou este programa formativo, divulgativo e de sensibilización que contou coa colaboración de mulleres que, con moito esforzo e a contra corrente, conseguiron facerse cun lugar destacado en profesións moi masculinizadas, como a banda deseñada, os videoxogos ou o fotoxornalismo», segundo indican desde Ravella.

Poñentes

No faladoiro haberá oportunidade de afondar no papel das mulleres e a súa situación actual na produción creativa. Intervirán Mariana Carballal, profesora na ESAD de Galicia e de Comunicación Audiovisual en Pontevedra, directora e actriz integrante do grupo promotor de «Tempadas da Igualdade»; Luz Castro, docente de Comunicación Audiovisual, Creación Dixital, Animación e Videoxogos na UDC, cofundadora de Imaxin/software e da asociación videoxogo.gal e primeiro premio Ada Byron do CPEIG (2012); Andrea Barreira, autora de literatura infantil, xuvenil e fantástica, xestora cultural e integrante do colectivo feminista de crítica literaria A Sega; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria do programa «Mulleres en acción: Violencia Zero» da Deputación de Pontevedra e Bea Camiña, co-directora do festival Elas Son Artistas experta en comunicación e produción de eventos.

Logo da reflexión será o momento de pasalo ben (21.30 horas) da man da actriz galega galardonada cun Mestre Mateo Isabel Risco e o «Concurso de Concursos» que, para a ocasión, versará sobre a muller na creación cultural. Poranse a proba os coñecementos das parellas participantes, que competirán por premios que van desde entradas para o cine e para circuítos de SPA, pasando por unha viaxe a Madrid con entradas para asistir ao musical «O Rei León» ou unha semana en Tenerife para dúas persoas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha xornada para reflexionar, botar unhas risas e xogar