«En la vida hay que ser ambicioso. Lo peor en este deporte es tener miedo»

Líder do último triunfo do Arousa cunha asistencia e cun gol, Jorge Sáez vese indo a máis tras comezar a xogar nunha posición, interior esquerdo, na que se sente cómodo


vilagarcía / la voz

«Ni antes era tan malo ni ahora tan bueno». O certo é que da reflexión de Jorge Sáez a raíz do seu partidazo o domingo na Lomba, asistindo a Róber no primeiro gol local e anotando o segundo en senllas demostracións de finura futbolística, son os menos os que puideron ter pensado o primeiro dun xogador madrileño que nas súas tres últimas tempadas, nas filas do Bergantiños, demostrou ser un dos mellores futbolistas da Terceira a todos os niveis. Tanto no técnico como no do traballo invisible que comeza na propia cabeza dun, e que indefectiblemente remata reflectíndose nos terreos de xogo.

Formado desde alevín na canteira dun Rayo Vallecano no que militou cinco tempadas no seu filial -dúas en Terceira e tres en Segunda B-, chegou disputar tres encontros co primeiro equipo estando este en Segunda. Unha tempada no Getafe e outra no Burgos de Segunda B desembocaron a Jorge Sáez na Terceira, nas filas do Avilés, das que saltou a un Bergantiños no que resultou peza fundamental nos tres últimos brillantes cursos do equipo de Carballo. «Cuando terminó la última temporada pensé que había hecho una gran campaña en cuanto a números, asistencias, goles, play-off... y pensé que tendría un hueco en la Segunda B», lembra Jorge Sáez. Apostou entón por agardar a que a realidade lle dera a razón. E traballou a fortuna na Cultural Leonesa durante un mes, tras tirar duns coñecidos en común con Aira, extécnico do Racing de Ferrol e adestrador do cadro leonés. Un mes «espectacular, en un club más de Segunda que de Segunda B», di, no que non atopou o oco que buscaba, pero «me sirvió para estar preparado» para cando tocara dirixirse ao novo destino. Catro equipos de Terceira de Madrid, de Castela e León e de Galicia chamaron á súa porta. E inda que a nivel persoal «me interesaba más acercarme a Madrid, de donde soy, o a Asturias, de donde es mi pareja», sinala que o interese amosado desde o final da tempada pasada, e durante todo o verán, polo no seu día candidato á presidencia do Arousa, Francisco Vázquez -acabou sufragando a súa fichaxe-, decantou a súa decisión. Iso e escoitar a Rafa Sáez que quería del e o seu plan para o Arousa. «Vi ganas, y un proyecto bueno». E dixo si a Vilagarcía. E o equipo arlequinado gañou un gran futbolista, e o que resulta máis valioso inda para un club que leva tantos anos detrás da promoción de ascenso: un motivador con maneiras de guía cando todas as luces poidan parecer apagarse no medio das curvas do camiño.

«Este grupo está confeccionado para el play-off. Hay que ser sinceros, ese es el objetivo, sin ninguna presión. Si después hay cuatro equipos mejores, y has dado el 100 %, tienes que darles la mano. En la vida hay que ser ambiciosos. Lo peor en este deporte es tener miedo», reflexiona Jorge Sáez, contrario a eses discursos que agochan os obxectivos ambiciosos dun equipo por medo ás críticas se non se acaban materializando. Porque, sostén, «si te marcas abiertamente entrar en el play-off vas a ganar en competitividad, porque tus 18-19 jugadores estarán en alerta para poder ganarse el puesto en el campo, lo que te hará estar en los puestos de privilegio».

Líderes sono todos

Nesa mesma liña de pensamento, Jorge Sáez nega ser a fichaxe estrela deste Arousa, volvendo a súa reflexión ás mecánicas motivacionais no funcionamento grupal: «En Tercera no hay fichajes estrella. Cada jugador tiene que sentirse líder en sus facetas del juego. En mi caso, con mi verticalidad, y participando con asistencias y goles».

O consello de Táboas que acabou co seu bloqueo goleador

Tras xogar de punta e de interior dereito nos dous partidos de sanción a Pedro Beda -xornadas 2 e 3-, con Cissoko pendente inda do transfer internacional, posicións nas que «no me siento cómodo», Jorge Sáez pasou a moverse pola banda esquerda nas tres últimas xornadas, «y me encontré bastante mejor», di. Pero non foi ata o domingo que veu a trasladar esa mellora ao caderno de cálculo: «Ayer -polo domingo- tuve la suerte de que desde la primera jugada me sentí entonado. En cada acción salía victorioso, y pides todos los balones, te creces. Di la asistencia del primer gol, marqué e intervine en otras acciones que pudieron acabar con más tantos».

Jorge Sáez desvelou parte do segredo, dándolle as grazas ao seu compañeiro Manu Táboas, co que compartiu o mérito do seu primeiro tanto coa camisola arlequinada: «El otro día, durante el estiramiento de un entrenamiento, me vio preocupado y me dijo que estuviera tranquilo, que estaba generando ocasiones, pero que me empeñaba en rematar con fuerza arriba. Me dijo, “tienes que tener un segundo más de pausa antes de rematar, y pegarle por abajo, porque así o es gol o aportarás para que otro compañero pueda marcar”» nun hipotético rexeite do porteiro ou da defensa. E o pasado domingo, «cuando encaré al portero -do Arzúa-, se me vino durante medio segundo lo que me dijo Manu Táboas». Jorge Sáez fíxolle entón caso, finalizando por abaixo ao pau longo a xogada persoal que o plantou ante o porteiro rival logo de superar o seu par cun cano.

A presión queda atrás

«Para que veas lo mucho que hace el aspecto psicológico», conclúe o madrileño, que na súa autopsicoanálise chega a entender que «quizá me estaba metiendo más presión» no seu primeiro mes e medio como futbolista do Arousa. Un equipo no que, entende, seguirá vivindo o proceso de adaptación que non tivo na pretempada -fichou a sete días do inicio da liga- ata o vindeiro mes. Un período para «conocernos, tanto yo a mis compañeros como los compañeros a mí». Coa maior facilidade que ofrece que «ya me quité el lastre del gol», conta. Porque na súa forma de ver a profesión Jorge Sáez asume que o seu compromiso co Arousa leva aparelladas unha serie de obrigas pola súa parte, entre elas «meter un gol cada 4-5 jornadas; si no, sentiré que no lo estoy haciendo bien».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«En la vida hay que ser ambicioso. Lo peor en este deporte es tener miedo»