O Arousa perde a Beda dous partidos, pendente de Cissoko

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O club arlequinado aínda non recibiu o transfer da Federación de Xibraltar

28 ago 2019 . Actualizado a las 21:17 h.

A protesta pola que Pedro Beda recibía o pasado domingo o seu segundo cartón amarelo en partido oficial co Arousa saíulle caro. Ao futbolista, e ao seu novo equipo. O Xuíz Único da Terceira División castigou o dianteiro centro arlequinado con dous partidos de suspensión. Un imprevisto que supón o primeiro atranco do conxunto que dirixe Rafa Sáez. Non só por perder tras unha única xornada o autor do solitario tanto co que se venceu o Polvorín no encontro de apertura do campionato.

O Arousa continuaba onte sen novas do tránsfer que a Federación de Fútbol de Xibraltar debe enviarlle á Española para oficializar a ficha do punta africano Cissoko. A última fichaxe do cadro vilagarcián, incorporado ao seu vestiario o 17 de agosto. Rafa Sáez comentou que «intentaremos rebajar a un partido» a sanción, pero tamén «trabajaremos sobre la posibilidad de que Cissoko no pueda jugar aún».