O Arousa, pendente de Xibraltar para decidir dianteira no Couto

Fútbol Con Beda con vermella, o club segue á espera do tránsfer de Cissoko


vilagarcía / la voz

Só cinco equipos, un de cada catro dos que militan na competición, pode presumir de ter gañado na primeira xornada de Liga do grupo galego da Terceira División. O Arousa é un deles. E manter o pleno este domingo na súa visita á U.D. Ourense, no campo do Couto, cunha nova diana do autor do único tanto na estrea ante o Polvorín, o brasileiro Pedro Beda, non é unha opción. Como non o sería apostar á finura do olfato goleador de Cissoko de xogarse onte o novo partido. O club vilagarcián iniciou a semana sen noticias do tránsfer que a Federación de Xibraltar ten que cursarlle á Española para poder inscribir o futbolista africano. O único dianteiro centro puro tras a referencia de Pedro Beda no curto cadro de persoal polo que o adestrador arlequinado, Rafa Sáez, apostou primando calidade suma fronte a cantidade medianamente contrastada.

Presentado o 17 de agosto á par de Jorge Sáez coma últimas fichaxes deste novo Arousa, Cissoko traballa no seu acoplamento o máis rápido posible á dinámica de Rafa Sáez sen que ningún dos dous soubese onte se este domingo poderá comezar a prestar os servizos polos que foi contratado. Os de cobertura de calquera eventualidade na punta de ataque. Neste caso, a expulsión de Pedro Beda no minuto 80, ao ver o seu segundo cartón amarelo por protestas ao colexiado.

Rafa Sáez declaraba onte respecto á situación de Cissoko que «quiero pensar que debería llegar a tiempo para que juegue este domingo». Con todo, engade un «iremos trabajando y viendo qué pasa durante la semana, por si acaso tenemos que pasar al plan B». Isto é, recolocar algún mediapunta, caso de Róber ou de Jorge Sáez.

Sobre o triunfo pola mínima ante o Polvorín, o técnico manifesta que «las sensaciones fueron muy buenas. Nos vimos fuera de nuestro hábitat, con un rival que tuvo la pelota; tuvimos que jugar a contrapié, y aún así, hicimos un partido muy, muy eficaz a nivel defensivo. No nos inquietaron».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Arousa, pendente de Xibraltar para decidir dianteira no Couto