Leo Bassi ofrece hoxe un taller de bufón no Festaclown

LA Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Os espectáculos de circo, música e humor volverán encher as rúas da cidade

19 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

El Festaclown prosegue este luns en Vilagarcía cunha morea de citas relacionadas co circo, a música e o humor. Leo Bassi conducirá un obradoiro de bufón de 10 a 13 horas no salón de actos do auditorio municipal. A inscrición pode formalizarse a través de info@festiclown.org.

As 11 horas na praza de Galicia actuarán Pallasos en Rebeldía; ás 12 horas, Rudi Rudi presenta «Clowntamination» no centro Lar de Saúde Mental; ás 12.30 o grupo de gaitas Mar de Arousa de Bamio fará un pasarrúas pola cidade; ás 13 horas haberá unha nova entrega dos Superroquiños na praza de Galicia cun concerto da compañía Píscores; de 16 a 19 horas volve ao auditorio o obradoiro de Leo Bassi; ás 19 horas, na intersección entre Rey Daviña e Valentín Viqueira, Assircopatas presenta «Rogelio: un pallaso en recuperación»; ás 20 haberá volve Píscore, desta volta á praza do Castro; ás 20.30 as pandereteiras/os Nós de Sobradelo farán un pasarrúas e ás 21.30 na praza de Galicia Mireia Miracle presenta «Rojo».