O Cortegada pecha o seu cadro coa á-pívot estadounidense Tyra Jones

A nova xogadora do equipo vilagarcián chega procedente da NCAA 2 universitaria


vilagarcía / la voz

O luns a directiva da Agrupación Deportiva Cortegada abría a semana co anuncio da baixa da gran capitana, lideresa e chamada a ser a gran mestra do cadro de novos talentos que o club vilagarcián está a construír para encarar a vindeira edición da Liga Feminina 2 adaptado á difícil realidade económica que atravesa. Un día despois da feliz nova da retirada das canchas -está por ver se temporal ou definitiva- de Sara Gómez por maternidade , os responsables do Cortegada anunciaban a última hora da tarde e onte o nome da que, de principio, será a xogadora que peche o cadro de persoal do que disporá Rubén Domínguez en cuestión de semanas: Tyra Jones.

Na súa conta de Facebook, o club fala da súa última fichaxe como dunha «alero que ocupa las posiciones de 3 y 4 con solvencia», o que lle permitirá a Domínguez xogar en ambos postos con ela e con Cristina Loureiro. Procedente da Emporia State University da NCAA2, «llega a la A.D. Cortegada con mucha ilusión y deseo de aportar», sobresaíndo «por su velocidad de juego y su capacidad de manejo del balón». Apuntamentos que completa o club sinalando que «es una anotadora, con 15,7 puntos de media por partido las dos últimas temporadas, con un tiro de 2 y 3 puntos con altos porcentajes de acierto. Posee un buen 1x1 de cara en carrera y en juego estático. También puede jugar desde el poste bajo, en su beneficio y el de sus compañeras. Es una buena pasadora a la que le gusta asistir». E baixo o seu propio aro, «es dura y constante, y muestra una gran solidez en el rebote».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Cortegada pecha o seu cadro coa á-pívot estadounidense Tyra Jones