Jésica Bouzas cae nos oitavos coa terceira favorita

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Cedida

A vilagarciá víu cortada no Europeo Sub-18 a súa extraordinaria serie de vitorias individuais

26 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Jéssica Bouzas accedía o mércores aos oitavos de final do Campionato de Europa Júnior en Klosters, Suíza, derrotando 7-5/6-4 a eslovaca Ziva Falkner, número 131 do ránking ITF Tennis Júnior. Onte a vilagarciana da selección española non foi quen de superar o corte de oitavos. Derrotada 6-0/1-6/6-4 pola checa Linda Fruhvirtova, nada menos que a cabeza de serie número 3 do torneo, e actual número 24 do ránking Sub-18 feminino de referencia. Unha rival pois de primeira entidade, nunha competición de rango JB1, cos mesmos puntos en xogo cun grao 1.