O Arousa arrinca a pretempada coa fichaxe de Pedro García

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Formado na canteira do Celta, e con amplo historial en Segunda B, o novo futbolista arlequinado vén a excercer de muralla na medular do conxunto vilagarcián

22 jul 2019 . Actualizado a las 21:28 h.

O Arousa 2019/20 iniciou na tarde de hoxe o seu traballo de posta a punto de cara ao inicio dunha nova campaña na Terceira División. Concretamente, o 25 de agosto, cando o cadro de Rafa Sáez reciba o Polvorín nun estadio da Lomba no que tamén pechará a Liga, o 17 de maio do 2020 fronte ao Rápido de Bouzas. Así quedou fixado tras o sorteo dos calendarios dos grupos galegos da Terceira e da Preferente.

Dezaoito futbolistas comezaron traballar no céspede do Manuel Jiménez. Entre eles, a última fichaxe anunciada polo club vilagarcián, na mesma  mañá. Pedro García (Vigo, 12/V/1990) era presentado nas oficinas do club na Lomba como novo piar dunha medular arlequinada na que haberá que ver se comparte traballo xunto a Manu Rodríguez, a Sidibé, ou mesmo con ambos os dous.

Formado na canteira do Celta, Pedro García arrincou a súa etapa sénior no Celta B, no que militou dous anos na categoría de bronce do balompé español abrindo un rico currículo deportivo no chanzo máis modesto do fútbol profesional. Racing de Ferrol (2011/12, Terceira), Racing Santander B (2012/13, 2ª.B), Boiro (2013/14, Terceira), Pontevedra (2014/15, Terceira, 2015/16, 2ª.B), Somozas (2016/17, 2ª.B), Rápido de Bouzas (2017/18, 2ª.B) e Ourense C.F. (Terceira) foron, xunto cun equipo da Primeira División de Bolivia no Torneo de Apertura na primeira metade da tempada 2016/17, foron os equipos de Pedro García.

Enterado da súa decisión de cortar o ano que lle quedaba de contrato co Ourense C.F., o Arousa púxose en contacto de inmediato co xogador. O presidente vilagarcián, Manolo Abalo, agradecíalle ao Ourense C.F. as facilidades para concederlle a baixa a «uno de los hombres más importantes que hay en el fútbol gallego a este nivel. Tenemos puesta mucha ilusión y confianza en él. Nos aportará mucha fuerza y experiencia», comentou na presentación o vicepresidente deportivo do Arousa, Nacho Fernández.

Pola súa banda, sobre os seus saltos de categoría, Pedro García explicou que «a mí me motivan los proyectos. Eso es lo que me mueve a fichar». E xogar no Arousa é algo que lle ilusiona: «Es un histórico, y me encanta desde siempre el ambiente de este club». Circunstancia á que se suma coñecer tanto a Rafa Sáez, como a moitos dos seus novos compañeiros, como Adrián Gómez, Cotilla, Róber, e os dous Manus. Con estas referencias, di Pedro García, «sé que va a ser un vestuario sano y bueno, que va a conseguir cosas bonitas».

Nacho adiantou que o club pechou xa o substituto de Sylla na punta de ataque. O seu nome será desvelado o mércores ou o xoves. Dous homes máis de ataque chegarán para pechar un cadro de xogadores ao que mañá se incorporan dous futbolistas a proba, que o club preferíu non identificar polo de agora. Rafa Sáez conta en nómina cos renovados Manu Táboas, Iago Martínez, Pacheco, Trapero, Suso, Manu Rodríguez, Sidibé, Javi Otero e Julio Rey, os fichados Miguel Dieste, Adrián Gómez, Cotilla, Róber e Pedro, máis Javi Fontán, defensa procedente da canteira. E a proba, cinco compañeiros deste no xuvenil arlequinado a tempada pasada, Raúl Martiñán, Antón Durán, Rodrigo, Marcos Condado e Iván Iglesias.