O debuxante de «V de Vendetta», estrela do Curtas

Vilagarcía gozará dunha exposición única de páxinas orixinais da obra, nunha cita que anuncia tamén a Pasqual Ferry e o ilustrador das novelas de Harry Potter


O equipo que dirixe Luis Miguel Rosales converteu en tempo récord o Curtas nunha referencia emerxente entre os festivais de cine e de banda deseñada non xa só de España, senón deste mundo globalizado. Tras traer a Vilagarcía na súa terceira edición a nomes do talle de John Howe, Ariel Olivetti, Esteban Maroto ou Ciruelo Cabral, un ano despois a proposta que Rosales e compañía van debullando nas redes sociais para este ano volve elevar o listón.

David Lloyd recibirá o vindeiro 2 de novembro o premio do Curtas «pola súa contribución á novena arte». Pero non virá só. O debuxante de V de Vendetta, unha das obras excelsas da historia do cómic, e tamén de maior impacto na realidade, coa súa historia de rebelión contra un sistema fascista inspirando a tantos movementos antisistema, accedeu a poñer temporalmente en mans do festival vilagarcián 44 páxinas orixinais da súa creación. A que asinou a comezos dos 80 con Alan Moore escribindo a historia dese V trasunto do revolucionario Guy Fawkes, a quen Lloyd enmascarou coa hoxe carauta máis famosa da historia. A exposición, a segunda con este material que se pode ver na península ibérica tras unha precedente no Salón do Cómic de Barcelona, poderase gozar do 5 de outubro ao 5 de novembro na sala Rivas Briones, con entrada de balde.

 Ademais, nos seus catro días en Vilagarcía, Lloyd ofrecerá unha clase mestra, varias sesións de sinaturas de autógrafos e algunha sorpresa máis.

Pero é que o Curtas anunciaba onte que contará tamén co segundo español en facerse un oco nas dúas grandes compañías do cómic de superheroes, Marvel e DC, Pasqual Ferry, e o ilustrador das cubertas das novelas de Harry Potter, Tiago da Silva.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O debuxante de «V de Vendetta», estrela do Curtas