A xunta electoral dálle o OK a Vázquez, e fixa lugar e horas da votación á presidencia do Arousa

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Fútbol Os socios poderán escoller entre dous nomes o 8 de xuño, de 10 a 13 horas, no Auditorio. O rival de Abalo xa fai campaña nas redes sociais

01 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Hoy hemos oficializado la candidatura de Francisco Vázquez y Manolo Abalo» ás eleccións á presidencia do Arousa. Fernando López, secretario da xunta electoral encargada de velar pola limpeza e pola corrección do proceso de selección do novo mandatario do club arlequinado, despexou outro atranco no camiño do empresario da construción que na asemblea de apertura do proceso sorprendía co anuncio da súa candidatura. Unha vez que o desde hai nove anos presidente da entidade, Manolo Abalo, confirmaba a súa decisión de non impugnar o nome de Francisco Vázquez, inda despois de ter sacado adiante unha modificación in extremis dos estatutos do Arousa para limitar o dereito ao cargo a socios con a lo menos un ano de antigüidade, xa só queda un prazo máis por queimar ata poder ver, por primeira vez nesta década, a dous contrincantes polo despacho principal das oficinas da Lomba.

Así, Fernando López aclarou que ata o vindeiro venres, 7 de xuño, véspera das votacións, «cualquier socio puede reclamar la impugnación de cualquier candidatura» ante a xunta electoral que preside Ramón Renda, acompañado de Carmen Consuelo, en calidade de vogal, e do propio López. Unha circunstancia que obrigaría aos tres socios a estudar os argumentos presentados, e decidir ao respecto.

A xunta electoral fixou onte o lugar e a hora das votacións. Coñecido o día desde a asemblea de apertura do proceso, o sábado 8 de xuño, os socios ao día do pago do carné poderán elixir entre Abalo e Vázquez introducindo a súa papeleta nunha urna de 10 a 13 horas no Auditorio de Vilagarcía.

Vázquez activou onte contas da súa candidatura en Twitter e en Facebook. Fíxoo cunha primeira mensaxe na que di: «Con total transparencia y cercanía hacia tod@s os invito a que me enviéis vuestras preguntas, consultas e inquietudes acerca de mi candidatura y el club en general por mensaje directo o escribiendo un correo a franciscovazquezcandidatura@gmail.com».