Clara Solla, campioa autonómica de 300 valados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

A deportista da Agrupación Atlética Mazí impúxose na final do Galego Sub-16 en 47,22

29 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A deportista da Agrupación Atlética Mazí Clara Solla Boo proclamouse o sábado en Vigo campioa galega Sub-16 en pista ao aire libre na proba dos 300 metros valados. Fíxoo cun crono de 47 segundos e 22 centésimas, con Sonia Rivadulla (C.A. Estrada) prata en 48,07, e con Iria Taboadela (ADAS Proinor) bronce en 48,19.

Clara Solla confirma unha semana máis a súa excelente tempada, coa recompensa asegurada da súa primeira participación nun Campionato de España, o Sub-16 de Pista ao Aire Libre o 6 e 7 de xullo en Xixón, logo de conseguir o pasado día 15 a mínima para a proba dos 300 metros.