Marcado protagonismo da comarca no Torneo Ximnasia Rítmica Arousa

O Pavillón Municipal de Fontecarmoa viviu o domingo unha desas contadas xornadas deportivas que conseguen encher as bancadas do recinto deportivo vilagarcián


vilagarcía / la voz

O Pavillón Municipal de Fontecarmoa viviu o domingo unha desas contadas xornadas deportivas que conseguen encher as bancadas do recinto deportivo vilagarcián. Pese a tratarse dunha edición lastrada pola coincidencias das fases provinciais de Lugo e da Coruña, o XIV Torneo Nacional Ximnasia Rítmica Arousa do club illense volveu concitar o interese de propios -familiares e amigos dos participantes- e estraños -afeccionados do deporte do tapiz ou simplemente curiosos-.

O torneo, que congregou o groso dos clubs de Pontevedra, contou nos seus podios cun gran protagonismo dos equipos da comarca. Laura Rodríguez (C. X. R. Arousa) gañou o título máster promoción, o seu compañeiro de club Noé Charlín os de alevín federado mazas e aro -foi ademais prata no de mans libres-, Lucía Villanueva (Biqueira) o de infantil base individual, e Antía Pérez e Lucía Alonso asinaron o dobrete do club organizador en alevín base individual. Yanira Díaz (Biqueira), en prebenxamín escolar individual, e Carmen Cacabelos (C. X. R. Arousa), en xuvenil base, remataron segundas nos seus respectivos cadros.

A nivel de conxuntos de categoría escolar, o Vilarousa fíxose co primeiro posto en cadete, co seu alevín segundo por diante do C.X.R. Arousa. O club da Illa sumou ademais o segundo posto prebenxamín e benxamín, e o terceiro infantil. E o Biqueira gañou o benxamín, acabando segundo no infantil.

O do domingo foi tamén Memorial Rodrigo Vázquez. Un grupo de ex pupilas do recentemente finado ximnasta e director deportivo do C. X. R. Arousa leron un emotivo escrito no seu recordo, e o club entregoulles aos pais e á súa parella un agasallo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Marcado protagonismo da comarca no Torneo Ximnasia Rítmica Arousa