Vilaxoán gaña a bandeira sénior masculina de Meira na véspera do Territorial Sur

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O C.R. Mecos rematou pola súa banda segundo nas regatas feminina e xuvenil do LX Aniversario S.D. Samertolameu

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Campionato Territorial Sur de Traiñeiriñas decide esta fin de semana en Meira, Moaña, o nome das cinco tripulacións pontevedresas de cada unha das tres categorías, feminina, xuvenil e sénior masculinas, con dereito a disputar o Campionato Galego. Na véspera das regatas clasificatorias para as finais de mañá -en xuvenís sen criba, por haber tan só cinco embarcacións inscritas- onte disputábase no mesmo escenario a Bandeira LX Aniversario S.D. Samertolameu. E o C.R. Vilaxoán impúxose na regata sénior masculina, cun crono de 14.32.50, 3,30 segundos menos que a traiñeiriña da S.D. Tirán. A primeira tripulación de Mecos foi sétima, e a única de Amegrove penúltima.

Mecos asinou ademais os segundos postos nas quendas feminina e xuvenil, con Samertolameu impoñéndose en ambas as dúas con 6,31 e con 13,59 de diferenza, respectivamente.

O grovense é un dos catro únicos clubs que hoxe presentan tripulacións nas tres categorías do Territorial Sur, con Amegrove e co Vilaxoán competindo só en sénior masculina.