Luís Ares, un comunista incorruptible

Os seus camaradas de Vilagarcía despiden a un camarada entrañable, que vén de finar aos 85 anos


Vilagarcía / La Voz

Hoxe, 5 de abril de 2019, faleceu aos 85 anos Luís Ares Valentín. O seu enorme compromiso cos ideais comunistas foi sempre recoñecido polos seus camaradas. Foi un militante comunista que nos deixa a súa imaxe de vitalidade e inconformidade constante contra o sistema capitalista, xa dende a clandestinidade, na dictadura, ata agora, neste momento no que cada día nos animaba a seguir na loita.

Chegou a Vilagarcía nos anos 70 logo dunha vida de neno orfo internado en escolas relixiosas, que se formou para traballar nos talleres de Renfe como tornero- fresador. Dende o primeiro momento organizouse na célula local do Partido e poñendo en marcha as CC. OO .no seu centro de traballo e en toda a comarca, sendo unha persoa imprescindible na organización da militancia e afiliación.

Na resistencia tamén foi a súa vida exemplo, nas propias organizacións onde militaba, que coñecía e seguía sempre con disciplina e crítica dos conflictos internos, aguantando a presenza do Partido en situacións difíciles. A súa biografia, que está por escribir, contará o seu coñecemento sobre a política e as organizacións nas que militou. A súa presencia nos diversos procesos, congresos, xuntanzas e reunións con moitos grandes dirixentes do Partido Comunista. A República como referente e bandeira, pero sobre todo a súa loita no máis próximo, no máis sinxelo, no máis auténtico. Sempre movéndose onde estaba a base social e de clase.

Luís foi un home con unha enerxía e vitalidade moi intensa orientada a acción política de clase, sempre na base. E sempre próximo no persoal a quen precisase da súa axuda, a pesares de ter pasado por situacións persoais moi difíciles e complicadas. Da súa honestidade e compromiso tamén queda o exemplo para os que tivemos a honra de tratalo. Será recordado coma un dos imprescindibles, porque nunca deixou de estar na movilización e na implicación polos dereitos de clase, sabendo sempre que sen loita non hai futuro. De seguro que os que o coñeceron saben que ata o final con forza, ánimo e valor, se rebelou contra a falla de democracia e as consecuencias que ten para a xente traballadora.

A súa morte deixa un enorme vacío para todos os que aínda creemos na dignidade e na honradez no exercicio da politica. Luis foi sempre un Comunista fiel aos seus principios. Que a terra te sexa leve, camarada. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

Luís Ares, un comunista incorruptible