Dous accidentes de tráfico deixan catro feridos en Vilagarcía e Vilanova

La Voz VILAGARCÍA / VILANOVA

VILAGARCÍA DE AROUSA

cedida

O máis grave ocorreu na parroquia de Cornazo, con tres personas trasladadas ao Hospital do Salnés

29 mar 2019 . Actualizado a las 15:45 h.

As estradas do Salnés rexistraron esta mañá dous accidentes de tráfico. O primeiro ocorreu en Caleiro (Vilanova), onde un vehículo sufría unha saída de vía cando circulaba por unha pista no lugar de Currás. Como consecuencia do impacto o condutor resultou ferido e foi evacuado ao Hospital do Salnés e tirou o poste dunha viña. Todo comezou ao fío das 10.15 horas, cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba ata ao lugar para atender ao ferido.

Nada máis recibido o aviso, alertouse aos Bombeiros de Vilagarcía e aos axentes da Garda Civil de Tráfico informouse á policía local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Minutos despois, sobre as 10.30 horas, as alarmas saltaban en Vilagarcía, onde tres persoas resultaron feridas ao colidir dous turismos na estrada que une os lugares de Zamar e Lobeira, ao seu paso pola parroquia de Cornazo.

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha das persoas afectadas no accidente. Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vilagarcía. Ademais, púxose o suceso en coñecemento da Policía Local e do persoal do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, finalmente, tres persoas foron evacuadas ao Hospital do Salnés.