«As mulleres de 50 anos non somos esas señoras repunantes que saen na televisión»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

«A compañeira de piso», dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó, represéntase mañá en Vilagarcía

14 mar 2019 . Actualizado a las 20:54 h.

Combinando sutileza e comicidade, A compan?eira de piso aborda os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido. Foi destacada pola cri?tica americana como unha mestura de Thelma & Louise, A estran?a parella e Breaking Bad. E efectivamente un pouco de todo iso hai no texto. E agora, na súa primeira adaptación ao galego, súmenlle retranca.

-Que lle está aportando a unha actriz de tan longo percorrido como vostede unha obra coma esta?

-Cousas marabillosas. Estou namorada deste personaxe. É un traballo con moitísimos matices no que pasas por todos os estados de ánimo e no que tes que poñer tanto nel que ao final leva un cachiño de carne túa tamén. E, sobre todo, non é corriente que se escriban personaxes para mulleres maduras e que sexan as protagonistas das súas propias vidas.

-Porque aquí non é muller de ninguén nin nai de ninguén.

-Non, non. Aquí as mulleres son protagonistas por elas mesmas.

-Mulleres de 50 que interpretan a mulleres de 50.

-Si, claro. E con naturalidade. Non é ningún drama ter 50 anos. E a obra fala do que pasa na vida das mulleres dista idade. Porque nos pasan cousas. E moitas. De feito somos o público que máis vai aos teatros, que máis le e que máis viaxa. Non só somos as señoras repunantes, que é o personaxe que levo facendo eu na televisión dende hai 20 anos. A brava do país, que lle chamo eu.

-A obra está escrita, interpretada, codirixida e producida por mulleres. En que se nota?

-Eu síntome moi cómoda traballando con mulleres. E cando todo vai a favor e todas empuxamos cara o mesmo lado, como foi neste caso, nótase no resultado do traballo.

-«A compañeira de piso» preséntase en clave de comedia.

-Si, é que hai situacións un pouco extremas. Por iso se leva á comedia. Unha comedia un pouco negra, con moitos recovecos.

-A obra está escrita en EE UU e ambientada alá. ¿É fácil de asumir dende aquí?

-Perfectamente. Fixemos a preestrea na Illa e entendíase todo. Non houbo ningunha extrañeza. Dicimos Iowa como podiamos dicir Vilanova.